Sen facer desmerecer a túa opinión, que facemos logo con London? canta
xente prefiriria Londres?

É certo que por lei se deberian usar os topónimos de Galicia en
galego, pero tamén é certo que esas leis só afectan a un territorio
limitado. Dubido moito que en Londres escriban A Coruña. Eu penso que
mais ben han usar A Corunna ou que xa vin, La Corunna.

Ata logo,
            Leandro Regueiro

On 11/6/06, Daniel Muñiz Fontoira <dmun...@gmail.com> wrote:

 Ola a todos:
 Quería abrir un debate sobre a conveniencia de inventar nomes.
 Pois resulta que escoitando tanto nome que me fai dano nos ouvidos quería
comentar isto.
 Na miña opinión os nomes non se traducen, e traducilos o único que fai é
xustificar que se xustifique a traducion nos da nosa comunidade. Por lei en
españa Ourense é Ourense en Pontevedra e en Melilla. Por outra banda e
deixando a lei para min ten sentido, simplifica, e evita confusións.
 Xa non vou ir ao estranxeiro, pero porse a chamarlle a Castilla La Mancha
"Castela A Mancha" non fai mais que xustificar o La Coruña, El Grove, El
Burgo...
 Isto de inventar nomes na miña opinión só trae confusión ademais o galego
permite o uso de iota para palabras estranxeiras (por exemplo "Jetafe") e
tamén permite o uso sonoro do iota "ghato". Non ten sentido traducir nomes
para un idioma que todos os galegos coñecen. Ademais os nomes propios
entendo que non se traducen, pensemos en Xavier, Jordi, Xaime, Xulia...
 Máis argumentos, que eu saiba en ningún medio de comunicación vin escrito
Xurxo Arbusto, nin Miguel Campovello... ¿aguen si? en caso afirmativo pensan
que é o correcto
 A min o de sempre se dixo (fixo así) non me vale, xa que se sempre fixen
algo dun xeito e podo facelo mellor prefiro aprendelo mellor.
 Gostaríame saber que motivos hai para usar a tradución. Só pido coherencia
e se se traducen nomes propios haberá que facelo con todos (¿non?).
 Por outra banda pensemos nas vantaxes de usar o nome autentico, ¿non sería
mais universal? ¿o galego sería menos galego? a resposta a esta ultima para
min é que non, todo o contrario, O Grove sería O Grove, en Ourense e en
Cádiz.
 En fin...
 Espero crear polemica (da san, claro)
 Saudos






--


 Remitente:
 Daniel Muñiz Fontoira
 Eu uso software libre

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno



_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a