> --agora meter a mao en debian (precisamente o proxecto que mais forte aposta > por pootle)
Con respecto a isto, estiven a botarlle unha ollada e é curioso que non haxa paquete .deb, supoño que será porque ainda está a cousa bastante verde. ¿non? Saudos mvillarino escribió: > O Venres, 5 de Xaneiro de 2007 11:36, vostede escribiu: > > Olá! > a ver se cun pouco de bon tempo, este luns podo enviarche unhas cousas de > trunk algo actualizadas. > > Vou facerche un comentario acerca do asunto da rolda de debian: estou mais ou > menos de acordo co que comentas, pero deberías ser menos agresivo na forma de > expresarte, ou pódenche tentar con mais ou menos atino voltar as palabras na > túa contra. > > Isto é o caso por exemplo do asunto do correo. Eu entendo que a iniciativa > deste tío está englobada na estratexia da xunta, pero de ahí a dici-lo ás > bravas, abertamente e sen probas, hai un mundo, de tal maneira que agora > foche vendido como se te opuxeses á criazón da rolda. Iso non é > particularmente positivo, dado que ante a xente que quixese entrar nova, > poderías ser oferecido como un ogro. > >> Non dixen nada acerca de si gusto ou non do proceso de creación da lista, >> moito menos de que non guste da propia creación. Ao contrario, paréceme >> ben. Só simpaticei con Jacobo polo feito que houbo de non contar con el ao >> principio. > > A posición de jtarrio no sentido de "como me toquedes unha letra do debconf > ou > do debian-instaler, voume" non me parece correcta. Aceitar, hai que aceitar > polvo como animal acuático, non vou ser eu quen se enfarrague mais do que > está, pero case é unha chantaxe. Sobre todo se pensamos que o único que é > realmente parte de Debian son as dúas seccións mencionadas, o resto ven dos > proxectos orixinais. > >> Paréceme temerario que aínda por riba se fale de accións de boicote ou >> críticas destructivas dende a comunidade (neste caso só eu) cando se están >> a repetir os erros de sempre. Os que teñen máis que perder somos nós, os >> que traducimos por libre dende vai moito máis tempo, os que traballamos por >> desinterese e vemos como as iniciativas de goberno non nos teñen en conta. >> ¿Será só unha impresión miña? ¿Cres que isto nos anima a traballar? > > A min nen fú nen fá, paréceme en xeral que a estratexia da xunta/cesga non é > particularmente eficaz, nen no presente, nen no futuro a ±2 anos vista: > > --ligarse con entrans no canto de pootle, > > --agora meter a mao en debian (precisamente o proxecto que mais forte aposta > por pootle) > > --pechar as actividades en mancomun, non dispor unha persoa > para "debian/oo.org/hunspell developer" ou como se chame a cousa, para > publicar os traballos feitos co hunspell/oo.org nos proxectos orixinais, > > --non criar unha comunidade efectiva. > Sí, métense moitos proxectos no allo, que si ciberirmandades, que si lug's, > etc, pero moi poucas horas/home de traballo en tradución. > Sintomático é que o contacto entre os tradutores non se realice através das > roldas de mancomun, e que non se estabelecese unha canal "oficial" através do > cal podamos revisar a corrección ortográfica, sintáctica e léxica das > mensaxes, existe o Termigal, pero digamos que non foron "casadas as pezas". > > --non fomentar o contacto entre os tradutores (anima a seguir, parece mentira) > --non elaborar recursos de formación (aínda hai dous días recebin un correo > de > dmuñiz dicindo que lle gostaría que houbese algo parecido a unha reunión para > intercambiar experiencias/metodoloxías) > > -- sigo? > > Penso que, até certo ponto, algunhas destas cousas son organizábeis por nós, > podíamos facer un seminario/xornada, onde nos expliquemos uns aos outros os > métodos que usamos. Sen apresentacións nen pollas, simplesmente chegar a unha > sala con catro ou cinco ordenadores co esencial instalado > (linux+kde+gnome+kbabel+poedit+os guións que usemos, e por en comun o que > facemos e listose fai falla, que cada un chegue cun lapis usb cos que > precise. E tirar unhas fotos, claro. > > Que penso que é o que deberían facer? > pois en esencia o que dixen desde o principio: xuntarse contigo e con Nacho > Casal, o de gnome, --tal vez con mais xente da que tedes responsabilidade e > autoridade sobre os proxectos reais-- e ver que recursos pode pór a xunta > para axilizar o proceso, ...definir un fluxo de traballo na tradución, ver se > vos interesa e como se podería facer para integrar usar unha interface web no > fluxo ordinario de traballo, ver que persoal podería por --a tempo parcial-- > a xunta a traballar nisto, etc, etc, etc. > > Pero, en fin, isto é unha república bananera. > -- Remitente: Daniel Muñiz Fontoira Eu uso software libre [1] [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

