sorte coas exames agora se non me equivoco tamén hai práctico.
Outra cousa o de suxerencia supoño porque talvez é preferible usar
suxestión (pero nin idea!)
Saudos

mvillarino escribió:
> O Mércores, 24 de Xaneiro de 2007 12:07, mvillarino escribiu:
>> Fai o seguinte:
>>
>> -instala o hunspell, obtén unha copia do gl_ES.zip de mancomún (o
>> dicionario), -como root, desempaquetao en /usr/share/myspell/dicts/
>> -como root, cría un ficheiro /usr/bin/zpspell con permisos rwxr-xr-x (755)
>> -mediante vim edita tal ficheiro, para conter só o seguinte texto:
>> #! /bin/bash
>> hunspell -d gl_ES -a
>>
> Non fai falla tanta cousa:
> unzip gl_ES-pack.zip
> cd gl_ES-pack
> iconv -t UTF-8 gl_ES.aff  gl_ES.aff.tf8 
> iconv -t UFT-8 gl_ES.dic gl_ES.dic.utf8
> vim gl_ES.aff (para substituír a liña SET ISO8859-1 por SET UTF-8)
> su
> mv gl_ES.aff utf8 /usr/share/myspel/dicts/gl_ES.aff
> mv gl_ES.dic utf8 /usr/share/myspel/dicts/gl_ES.dic
> 
> agora si, hai que configurar no centro de control.
> Para kbabel non funciona ben, pero habería que configurar en 
> Proxecto->Configurar... ::Páxina "Ortografía"
> Sinalar:
> cliente -> Zemberek
> codificación -> UTF-8
> dicionario -> Turco (non deixa outra, pero se o sistema está en galego non 
> debera haber problemas)
> 
> Dá un erro de sincronización, isto é, as substitucións NON se aplicarán na 
> palabra mal escrita que se mostre no diálogo do corrector, senón na SEGUINTE.
> No entanto, a comprobación simultánea parece non ir mal de todo, isto é, 
> PARECE que se sinalas a opción de verificar a ortografía en quente (á vez que 
> se escrebe), as palabras que estexan mal escritas ao abrir o ficheiro 
> aparecerán realzadas. Descoñezo se nunha instalación menos trasteada 
> funcionará tamén á medida que se escrebe.
> 
> Usando kbabel 1.11.4 sobre kde 3.5.5 en debian/testing
> 
> Probei a corrección nesta mensaxe, e á parte de que non me sae do carallo 
> mudar "estexa" por "estea", e de que parece que non inclúe as 
> verbas "auxiliar", "suxerencia" e "trasteada" (polo de agora son as que 
> atopei), polo demais parece funcionar. Iso si, estanme a dar unhas ganas de 
> arrincarme os ollos cun garfo cos dentes tortos que non sei se me chegarán a 
> mañá...
> 
>> Nota: en canto remate co patrón de embarcación de lecer, teño que aprender
>> a escreber C++
> Por agora, paréceme que librei...

-- 
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Responderlle a