Non sei que che dicir. Non sei nin como traducir, pero as traduccións
do italiano e francés coinciden máis ou menos, pero unha busca
circular en teoria non ten limite???

Ata logo,
              Leandro Regueiro

On 6/11/07, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
Pois iso, que ando á procura dunha tradución boa para a expresión "wrap
search", orixinaria de kpackage.
Segundo a documentación, cando ao facer unha pesquisa de paquetes, esta opción
non está sinalada, ao chegar ao final da lista [en árbore] de paquetes, detén
a procura, caso contrario, continúa desde o comezo até chegar ao ítem da
lista que estexa escollido. Independentemente desta opción, a procura comeza
desde o ítem escollido.
Mirando polos glosarios, non atopo tradución directa da expresión, e a
resultante de xuntar as palabras por si, "axustar procura", non me parece
satisfactoria.
Mirando en open-tran, a ver como está en outras línguas atopo:
es:"Buscar Variantes"
pt:"Procura geral"
pt_br:"Reposicionar procura"
fr:"Recherche cyclique"
it:"Ricerca circolare"

De todas estas, a versión "es" paréceme non ser semanticamente correcta,
a "pt" faime surxir a dúbida acerca do que pode ser unha "procura particular"
(ou o oposto de xeral que prefira o leitor), o de "pt_br" tampouco me parece
moi apropriado, así que me quedo coas "fr" e "it": "Procura cíclica"/"Ciclar
a procura"

Vale (para o glosario)?
--
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


Responderlle a