Pois iso, que ando á procura dunha tradución boa para a expresión "wrap search", orixinaria de kpackage. Segundo a documentación, cando ao facer unha pesquisa de paquetes, esta opción non está sinalada, ao chegar ao final da lista [en árbore] de paquetes, detén a procura, caso contrario, continúa desde o comezo até chegar ao ítem da lista que estexa escollido. Independentemente desta opción, a procura comeza desde o ítem escollido. Mirando polos glosarios, non atopo tradución directa da expresión, e a resultante de xuntar as palabras por si, "axustar procura", non me parece satisfactoria. Mirando en open-tran, a ver como está en outras línguas atopo: es:"Buscar Variantes" pt:"Procura geral" pt_br:"Reposicionar procura" fr:"Recherche cyclique" it:"Ricerca circolare"
De todas estas, a versión "es" paréceme non ser semanticamente correcta, a "pt" faime surxir a dúbida acerca do que pode ser unha "procura particular" (ou o oposto de xeral que prefira o leitor), o de "pt_br" tampouco me parece moi apropriado, así que me quedo coas "fr" e "it": "Procura cíclica"/"Ciclar a procura" Vale (para o glosario)? -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgpygaB6oYdND.pgp
Description: PGP signature

