Arribi: Agora xa está claro.

Con respecto ao termigal a min paréceme que lle está pasando un pouco coma os de tráfico (espero que esta comparación non se mal interprete), que poñen as normas e as veces os usuarios non as entenden nin comparten facendo que non sexan respectadas todo o que se debería (penso que sería bo implicar a máis xente/colectivos e non impor que é o que sinto que se está a facer). Penso que as normas teñen que ser explicadas (simplemente explicar os motivos de porque se decide unha opción), neste momento dame a impresión (polo menos a min), e repito "impresión", de que o termigal vai por libre, seguramente (ao mellor non) ten argumentos para escoller un ou outro pero penso que polo menos naqueles que son máis "conflitivos" debería explicar o porqué son seleccionados, xa que deste outro xeito da a impresión de que non é unha decisión arbitraria mais ben persoal (precisamente do que non se trata). (Perdón pola frase tan longa)

Saúdos

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


arr...@cesga.es escribiu:
Ola Daniel:

Tes razón, "gracias" non está aceptado dende a última normativa pero creo
que o exemplo se entende. Se non, podemos falar dos de sempre:
Ventá/Fiestra/Xanela, Ficheiro/Arquivo..., e un sen fin de etc.

De cara ao usuario é importante chamarlle sempre ás cousas do mesmo xeito,
aínda que opino que prescindir dos outros termos é empobrecer o idioma. Aquí
é onde creo que se deben utilizar as opcións persoais, pero se o Termigal
sanciona computador deberiamos poñernos de acordo para usar todos ese termo
 nos programas.

Saúdos.

J. Arribi


Arribi:
Penso que son cousas diferentes, "gracias" non é aceptado (é unha
entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos
válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta é
 mais correcto en canto a significado.
Saúdos


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


J. Arribi escribiu:
Ola Leandro:

Leandro Regueiro escribiu:
O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
tradución máis axeitada para "tab" decanteime por lingüeta. Esta
opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego. E
prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa que
creo que non reflicte totalmente o significado de tab.

Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
lingüeta.

Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa
comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están
sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.

Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un use
a  opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto de
grazas, pero as opcións persoais son iso, persoais. Creo que é moi
recomendable para o idioma que exista unha institución que uniformice
como chamarlle aos novos termos, neste caso informáticos, e esa
institución é o Termigal, non mancomun.org.

Saúdos.

J. Arribi


_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego>>
_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego



Responderlle a