Na lista de correo de Launchpad [1] acaban de anunciar a apertura do
proceso de tradución de Ubuntu 7.10 ("Gutsy"). A páxina para as
traducións ao galego está en:
https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
No mesmo correo anúnciase que vai existir de novo o "Daily language
pack": un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma
actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste
xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final.
Un saúdo.
Felipe.
[1] https://lists.ubuntu.com/archives/launchpad-users/2007-June/001574.html