Ola:
A cuestión é a seguinte,

trash: lixo. Tanto no glosario de trasno como no de mancomun.
junk: lixo. No glosario de mancomun, no de trasno non aparece.
spam: - . Curiosamente, non aparece en ningun glosario.
Como se aprecia no glosario do termigal (mancomun) trash e junk=lixo. (Matáronse a pensar...)

Para min, isto leva a confusión, non ten o galego unha palabra distinta para estes dous temos do inglés?

Penso que era bo procurar unha alternativa a unha das dúas.
Até o de agora junk foi traducido maioritariamente como spam, correo lixo (no thunderbird) e tamén como correo non desexado. Trash sempre foi traducido como lixo. A min persoalmente en lugar de decir o que non é paréceme mais claro dicir o que si é. Até o de agora no thunderbir estívose e empregase "correo lixo" pero desde o meu punto de vista leva a confusión xa que está o lixo e logo correo lixo... lixo, lixo... (demasiado lixo)

Eu pregúntome se non hai algunha palabra galega que signifique isto "non desexado": ¿rexeitado?¿denegado (antónimo de consentir) ¿refusado? ¿declinado?...

Pois o que quería é unha opinión. Pode que estas non sexan boas datas para preguntar isto pero hai que intentalo.

Saúdos



--
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html

Responderlle a