2007/7/13, dmunhiz <[email protected]>:
Ola: A cuestión é a seguinte, trash: lixo. Tanto no glosario de trasno como no de mancomun. junk: lixo. No glosario de mancomun, no de trasno non aparece. spam: - . Curiosamente, non aparece en ningun glosario. Como se aprecia no glosario do termigal (mancomun) trash e junk=lixo. (Matáronse a pensar...) Para min, isto leva a confusión, non ten o galego unha palabra distinta para estes dous temos do inglés? Penso que era bo procurar unha alternativa a unha das dúas. Até o de agora junk foi traducido maioritariamente como spam, correo lixo (no thunderbird) e tamén como correo non desexado. Trash sempre foi traducido como lixo. A min persoalmente en lugar de decir o que non é paréceme mais claro dicir o que si é. Até o de agora no thunderbir estívose e empregase "correo lixo" pero desde o meu punto de vista leva a confusión xa que está o lixo e logo correo lixo... lixo, lixo... (demasiado lixo) Eu pregúntome se non hai algunha palabra galega que signifique isto "non desexado": ¿rexeitado?¿denegado (antónimo de consentir) ¿refusado? ¿declinado?... Pois o que quería é unha opinión. Pode que estas non sexan boas datas para preguntar isto pero hai que intentalo. Saúdos -- Remitente: Daniel Muñiz Fontoira Eu uso software libre [1] [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html -- To unsubscribe, send mail to [email protected].
Pois unha palabra que me ven á cabeza cando vexo ese tipo de correos, e que ademais pode ser sinónimo de lixo é... merda! XD Pero supoño que non quedará moi ben no glosario... :P. Xa en serio, das que propós, rexeitado creo que acae ben. -- Xabier Villar

