Pois si que é complicado... ocórreseme outra trapallada:
user friendly-> axeitado para o usuario
family friendly-> axeitado para toda a familia
printer friendly-> axeitado para imprimir
friendly: que é axeitado?
A ver se alguén lle da un pouco máis de forma...
Saúdos.
mvillarino wrote:
> Olá,
> pois estou a darlle voltas á palabriña, e o caso é que a mellor opción que
> teño por agora é unha trapallada. Recapitularei antes de que se me vaia a
> pelota:
>
> Sendo:
> user friendly-> fácil de usar; de manexo simples
> family friendly-> para toda a familia
> printer friendly-> versión para imprimir; formato para imprimir.
> {nota: consultadas en proz.com}
> friendly->amábel, simpático; acolledor; amistoso
>
> que tal se engado ao glosario:
>
> **friendly**
> 1.- [xeral] adx. simpático, -a
> 2.- [xeral] adx. acolledor, -a
> **user ~** fácil de usar | de manexo simples
> **printer ~** versión //ou// formato para imprimir.
>
> e como carallo lle podo dar un formato ± correcto (i.e. o "user/printer ~" en
> negriña, e o "ou" en itálica)?
>