Bs, Aparentemente só cambiaron en l10n.kde.org as estatisticas: como agora existen dúas polas estables con 'soporte' ou en 'mantemento' (a serie 3.5.x que segue a ser parcheada... e a nova, a 4.0.x) aparecen listadas por separado e ademais inclúese a pola en desenvolvemento, a 4.1, que é o que antes chamarían 'trunk'. Só é un cambio estético na páxina (e si, esa non é bandeira galega, tampouco a irlandesa é a acertada, lol)
De feito eu acabo de actualizar a miña copia de traballo e NON houbo variacións na repo: a dirección segue sendo a mesma, a que está dentro de /trunk (svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/~). Se tes dubidas técnicas dio que amaña de contado. > Ola a todos: > Parece que houbo cambios nas páxinas de KDE, en canto ás traducións. > Agora, ademais, engadíronlle bandeiras aos equipos; non habería que pór > a bandeira galega? > Por outra banda, de onde se traduce? Lin por aí que a versión 4.1 vai > saír en xullo e que agora cada mes poden ir saíndo actualizacións de 4.0 > Iso quere dicir que hai que traducir na póla 4.0 agora? > Un saúdo: > Manuel A. Vázquez

