Son unha das persoas do g11n. Identifiqueime como pertencente á SGaT (
http://www.terminoloxia.org), nacín o 7/04/1973 nunha parroquia de
Pontevedra que se chama Lérez... realmente non sei que contar... En todo
caso achegueime ás persoas que identifiquei como Trasno (xusto depois das
fotos con Albert e solicitei o enderezo pra subscribirme na lista, son a
mesma persoa que preguntaba por Leandro, teño bastantes canas, eu que sei...
Non traballo na actualidade para ningunha empresa (por se iso fose
problemático), traballo como auxiliar administrativo interino na Xunta e
durante este curso son profesor visitante na facultade de filoloxía e
tradución da uvigo.es.
Respecto do mock-up, para nada é unha cuestión persoal, que nin sequera
tivemos moita ocasión de coñecernos. É simplemente unha opinión, humilde.
Con todo o respecto do mundo: na miña opinión maqueta adecúase máis, para
entendernos, a contextos próximos ás artes gráficas e semellantes; no
entanto, prototipo paréceme máis de enxeñaría (informática ou non). A mellor
solución está en coñecer o contexto e na interpretación que se faga da
realidade que representa, isto é, ningunha opción / opinión é maís válida ca
outra, pode ser máis atinada canto mellor se coñeza, por unha banda, o que
quere dicir na lingua de orixe e, por outra, a realidade que representa no
seu contexto. E a decisión ten que tomala quen atope o termo nunha
tradución, porque forma parte dun todo e completa o seu significado en
relación co resto dos termos do seu ámbito.

Responderlle a