A, faltouche dicir que na comida do domingo estabamos sentados frente por frente. Encantado de que estexas por vigo, saúda a Feli... o de Ubuntu, se o ves por ahí.
El 12/05/08, Miguel Solla <[email protected]> escribió: > Son unha das persoas do g11n. Identifiqueime como pertencente á SGaT ( > http://www.terminoloxia.org), nacín o 7/04/1973 nunha parroquia de > Pontevedra que se chama Lérez... realmente non sei que contar... En todo > caso achegueime ás persoas que identifiquei como Trasno (xusto depois das > fotos con Albert e solicitei o enderezo pra subscribirme na lista, son a > mesma persoa que preguntaba por Leandro, teño bastantes canas, eu que sei... > Non traballo na actualidade para ningunha empresa (por se iso fose > problemático), traballo como auxiliar administrativo interino na Xunta e > durante este curso son profesor visitante na facultade de filoloxía e > tradución da uvigo.es. > Respecto do mock-up, para nada é unha cuestión persoal, que nin sequera > tivemos moita ocasión de coñecernos. É simplemente unha opinión, humilde. > Con todo o respecto do mundo: na miña opinión maqueta adecúase máis, para > entendernos, a contextos próximos ás artes gráficas e semellantes; no > entanto, prototipo paréceme máis de enxeñaría (informática ou non). A mellor > solución está en coñecer o contexto e na interpretación que se faga da > realidade que representa, isto é, ningunha opción / opinión é maís válida ca > outra, pode ser máis atinada canto mellor se coñeza, por unha banda, o que > quere dicir na lingua de orixe e, por outra, a realidade que representa no > seu contexto. E a decisión ten que tomala quen atope o termo nunha > tradución, porque forma parte dun todo e completa o seu significado en > relación co resto dos termos do seu ámbito. >

