2008/5/12 Miguel Solla <brado...@gmail.com>:
> Son unha das persoas do g11n. Identifiqueime como pertencente á SGaT
> (http://www.terminoloxia.org), nacín o 7/04/1973 nunha parroquia de
> Pontevedra que se chama Lérez... realmente non sei que contar... En todo
> caso achegueime ás persoas que identifiquei como Trasno (xusto depois das
> fotos con Albert e solicitei o enderezo pra subscribirme na lista, son a
> mesma persoa que preguntaba por Leandro, teño bastantes canas, eu que sei...
> Non traballo na actualidade para ningunha empresa (por se iso fose
> problemático), traballo como auxiliar administrativo interino na Xunta e
> durante este curso son profesor visitante na facultade de filoloxía e
> tradución da uvigo.es.
>  Respecto do mock-up, para nada é unha cuestión persoal, que nin sequera
> tivemos moita ocasión de coñecernos. É simplemente unha opinión, humilde.
> Con todo o respecto do mundo: na miña opinión maqueta adecúase máis, para
> entendernos, a contextos próximos ás artes gráficas e semellantes; no
> entanto, prototipo paréceme máis de enxeñaría (informática ou non). A mellor
> solución está en coñecer o contexto e na interpretación que se faga da
> realidade que representa, isto é, ningunha opción / opinión é maís válida ca
> outra, pode ser máis atinada canto mellor se coñeza, por unha banda, o que
> quere dicir na lingua de orixe e, por outra, a realidade que representa no
> seu contexto. E a decisión ten que tomala quen atope o termo nunha
> tradución, porque forma parte dun todo e completa o seu significado en
> relación co resto dos termos do seu ámbito.

Para aclararme eu, eras o home que estaba entre Albert Astals e o
"home de Reverso" na xuntanza do domingo?

Home, penso que estabamos buscando unha tradución para mockup no
referente ó mundo da informática, a non ser que Marce estivera
traducindo un programa relacionado con outro tema...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a