Olá, Hoxe, hai uns segundos, realicei a miña primeira entrega no repositorio de trunk/l10n-kde4/gl. A revisión realizada foi a 812269. Agardo non ter estragado ren, ter posto correctamente o "SVN_SILENT:", e que ninguén se sinta molesto.
Grazas xabi, Se nuns días entre Tom Alberts (a quen acribillei con chaves inseguras, chaves privadas, e demáis cagadas), aacid (que me tirará das orellas en máis dunha e de dúas ocasións), xabigf (que sempre pode reverter) e scripty (o xuiz do ben e do mal), non me din nada, pois iso, que seguirei tumba e dalle. ... miña mamaiña, aínda me tremen as perniñas! ...

