Boas,

Envío esta mensaxe para que a reenviedes ás redes de temática máis
lingüística/filolóxica ou afíns nas que participedes, co obxecto de
abrir no posibel os procesos selectivos do Centro de Referencia e
Servizos de Software Libre de Galiza á comunidade.

É importante que saibades que xa se publicou a oferta para o posto de
Técnico/a de Tradución e Asesoramento Lingüístico para Mancomún do que
falamos no evento g11n [1]. O prazo de recepción de solicitudes finaliza
o próximo venres 20 de xuño.

Xa que a contratación de personal para o CRS estamos a facela a través
do CESGA, para acceder á información sobre o proceso, requerimentos e
demais, deberedes acudir á súa web:

http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,91/catid,108/id,101/lang,en/

Por suposto a oferta foi xa publicada na nosa web e difundida a través
da rolda de emprego. Ademais da praza de lingüista hai outra tamén
convocada para Técnico Experto en Software Libre [2].

Saúdos,

--
[1] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n
[2]
http://www.cesga.es/component/option,com_empleo/task,view/Itemid,91/catid,108/id,100/lang,en/

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>

Responderlle a