Jacobo Tarrio escrebeu: > O único que digo é que o meu caracter e a miña maneira de traballar > non se axustan ben ao traballo de localización en equipo, polo que se outra > xente quere traballar, non debe contar comigo.
Creo que a estas alturas todo o mundo ten perfectamente claro eso que dis e creo que ninguén pon en dúbida o teu direito a traballar como queiras. Se da miña mensaxe deduces outra cousa entón deberías darlle unha volta máis por que ninguén se está metendo contigo e pola túa reacción parecería que sí. Xa teño notado que por algún motivo o que eu escrebo aféctate especialmente, e ben que me coido de evitar ferir susceptibilidades. A miña única referencia a tí foi pra recoñecer o valor do teu traballo, considera iso. > En resumo: se non traballades en l10n de Debian, a culpa é vosa. Non > de Debian, nin miña, senón só vosa. E a min deixádeme en paz dunha vez. Para o bon e para o malo nos proxectos comunitarios as responsabilidades son sempre colectivas; e iso inclúenos a todos, tanto se gostamos diso como se non. Saúdos,

