Va, xa que preguntou Dani noutro fío, abro un novo para o caso, que case é
mellor.


 Porque OpenSuse (=Suse) e non Ubuntu?.


 Pois hai motivos racionais e irracionais. Primeiro os irracionais:


 Creo que das primeiras distros que probei foi Ubuntu (inda que probara
FoxLinux e ghustaracheme moito) por iso de 'Linux for human beings', pero
non tardei moito en deixala. Esencialmente por un motivo: GNOME. En serio,
non aturo as cousas minimalistas, nas que impera o razonamento {1 programa =
1 soa función}. O mesmiño me pasa para XFCE. Eu prefiro suites, programas
completos e configurables. Isto vai a ghusto, evidentemente. Pero non
gustando GNOME hai que buscar unha boa distro para KDE ( e sintoo moito pero
Kubuntu é das piores implementacións de KDE que xamais se fixeran, IMHO!).
En cambio, Suse atende superltivamente a detalles miudos que dan un aspecto
de pulido á distro; moi especialmente co KDE. Por exemplo, instala Ubuntu e
encontrarás unha fea e horrenta pantalla do Grub, todo un flashback á era
pre-Mac. Instala Suse e dende o Grub ó arranque están modificados, son
bonitos , verdes... Va, pois con isto, con todo.


 Os motivos racionais (falo xa de suse 11, a nova versión):


 1. Nunca usei intensivamente .deb así que para min .rpm funciona de vicio.
YAST2(+- instalador) resolve as dependencias moi limpamente (e non, non
existe o tal chamado 'dependency hell', poida que antes de Suse 10.2 ou F6
si, pero eu case no vivín)


 2. A instalación de soft podese facer dunhas cuantas formas: visualmente
(YAST2, que ten unha interface moi limpa, e unha gran funcionalidade, p.ex.
navegación por repos e funcións coma 'actualizar todo o desta repo';
navegación por tipo de soft...); mediante zypper en consola, (similar a
apt-get..., moi moi rápido nesta versión! e moi configurable ) e moi
especialmente...


 3. On-click install: isto vai: ves akí:
http://software.opensuse.org/search, buscas o softw. q se queira,
dáselle ó link '1-click-install', aparece
unha pantalla de instalación blablabla e nuns min. tes o software,
instalado. Amais, literalmente, hai centos de paquetes, de feito só recordo
un ou dous programas que non atopara nos repos, salvando proxectos pequenos
e novos. Codecs? vaise a opensuse.community.org, onclick install e voilá!,
en menos de 30 min de instalación (verídico!) e 30 min de instalación de
codec xa tes un sistema completo.


 4. Super Yast: o panel de control é masivo!, p.ex. o firewall é +- sinxelo
de usar, inclúe apparmour!! (ubuntu non!!!, sorprendente q nin se dignen a
usar SElinux ou similar); detección de harware e modificación de drivers...
visualmente! tarxetas graficas, aceleración 3d... e táboa de modificación de
/etc/sysconfig!!!. É dicir, iso que tiven que facer algunha vez en Ubuntu de
modificar xorg.config a man e dende a consola, nin de bromas. Vaise á Yast,
a este módulo e cambiase de xorg a xgl en o'5s sen meter a pata e foder
nada.


 5. Qt!! Qt tódolos lados. Encantame o softw. en Qt, moi profesional, con
interface moi limpas, modificables, integran ben cos temas que se usen...
Sinto dicilo, pero GTK+ é un entorno non tan bo coma Qt, (IMHO, non son
desenvolvedor... amateur si)


 6. Ollo ó dato, teño instalado ó mesmo tempo KDE4, KDE3.5, Gnome e XFCE.
Como o fixen: Instalei a distro con KDE4 inicialmente, fun a Yast e marquei
en 'patróns' os entornos de escrotorio KDE3.5, XFCE e Gnome, a instalar e
voilá! Durante o login, podo escoller o entorno de escritorio. Alguén sabe
facelo en menos pasos con Ubuntu?.


 7. compiz por defecto


8. Dende o arranque ata o escritorio funcinando pasan MENOS de 60s. Ubuntu
esto +- faino pero non cando se teñen istalados darredor de 13 GB de
software.


 9. Os foros e a moi completa wiki... ah, e o bugzilla, teño comprobado que
son bastante eficaces. (opensuse.org)


Resumindo, é unha distro apta para novatos, inda que non moi recomendada,
mais tamén para 'profesionais' ou xente que nos ghusta cambialo todo ou
tocar o mínimo a consola. Dito doutra maneira, ten ferramentas moi potentes
presentadas dunha maneira moi visual e organizada; é rápida e eficaz.



PD: Opensuse non ten nada que ver con Novell excepto que lle dá cartos,
asíque non existe esa falacia de que M$ ten comprado a Novell e polo tanto
Suse é de M$. É o mesmo ca Canonical e Ubuntu, unha cousa é a empresa e
outra a comunidade OSS.

Responderlle a