bandua escribiu:
Va, xa que preguntou Dani noutro fío, abro un novo para o caso, que case é mellor.


Porque OpenSuse (=Suse) e non Ubuntu?.


Pois hai motivos racionais e irracionais. Primeiro os irracionais:


Creo que das primeiras distros que probei foi Ubuntu (inda que probara FoxLinux e ghustaracheme moito) por iso de 'Linux for human beings', pero non tardei moito en deixala. Esencialmente por un motivo: GNOME. En serio, non aturo as cousas minimalistas, nas que impera o razonamento {1 programa = 1 soa función}. O mesmiño me pasa para XFCE. Eu prefiro suites, programas completos e configurables. Isto vai a ghusto, evidentemente. Pero non gustando GNOME hai que buscar unha boa distro para KDE ( e sintoo moito pero Kubuntu é das piores implementacións de KDE que xamais se fixeran, IMHO!). En cambio, Suse atende superltivamente a detalles miudos que dan un aspecto de pulido á distro; moi especialmente co KDE. Por exemplo, instala Ubuntu e encontrarás unha fea e horrenta pantalla do Grub, todo un flashback á era pre-Mac. Instala Suse e dende o Grub ó arranque están modificados, son bonitos , verdes... Va, pois con isto, con todo.


vaia eu son mais de gnome

Os motivos racionais (falo xa de suse 11, a nova versión):


1. Nunca usei intensivamente .deb así que para min .rpm funciona de vicio. YAST2(+- instalador) resolve as dependencias moi limpamente (e non, non existe o tal chamado 'dependency hell', poida que antes de Suse 10.2 ou F6 si, pero eu case no vivín)

A min pásame ao revés.

2. A instalación de soft podese facer dunhas cuantas formas: visualmente (YAST2, que ten unha interface moi limpa, e unha gran funcionalidade, p.ex. navegación por repos e funcións coma 'actualizar todo o desta repo'; navegación por tipo de soft...); mediante zypper en consola, (similar a apt-get..., moi moi rápido nesta versión! e moi configurable ) e moi especialmente...

Penso que iso está presente en todas as grandes distribución.

3. On-click install: isto vai: ves akí: http://software.opensuse.org/search , buscas o softw. q se queira, dáselle ó link '1-click-install', aparece unha pantalla de instalación blablabla e nuns min. tes o software, instalado. Amais, literalmente, hai centos de paquetes, de feito só recordo un ou dous programas que non atopara nos repos, salvando proxectos pequenos e novos. Codecs? vaise a opensuse.community.org <http://opensuse.community.org>, onclick install e voilá!, en menos de 30 min de instalación (verídico!) e 30 min de instalación de codec xa tes un sistema completo.

Realmente vese doado. Como curiosidade, en canto aos codec, non din achada a ligazón correcta, o paquete que me sae é de pago. O xestor de paquetes do ubuntu penso que tamén é moi bo.


4. Super Yast: o panel de control é masivo!, p.ex. o firewall é +- sinxelo de usar, inclúe apparmour!! (ubuntu non!!!, sorprendente q nin se dignen a usar SElinux ou similar); detección de harware e modificación de drivers... visualmente! tarxetas graficas, aceleración 3d... e táboa de modificación de /etc/sysconfig!!!. É dicir, iso que tiven que facer algunha vez en Ubuntu de modificar xorg.config a man e dende a consola, nin de bromas. Vaise á Yast, a este módulo e cambiase de xorg a xgl en o'5s sen meter a pata e foder nada.

Interesante, eu son dos que lle gustan os ficheiros de texto, as veces paso dos configuradores gráficos e vou directamente a eles, se os atopo, claro.

5. Qt!! Qt tódolos lados. Encantame o softw. en Qt, moi profesional, con interface moi limpas, modificables, integran ben cos temas que se usen... Sinto dicilo, pero GTK+ é un entorno non tan bo coma Qt, (IMHO, non son desenvolvedor... amateur si)

De momento segue a gustarme máis o gnome, que se lle vai facer... non creo que haxa un mellor ca outro, o mesmo que con ubuntu vs suse, máis ben un gusta ou adaptase ao que un procura máis que outro.

6. Ollo ó dato, teño instalado ó mesmo tempo KDE4, KDE3.5, Gnome e XFCE. Como o fixen: Instalei a distro con KDE4 inicialmente, fun a Yast e marquei en 'patróns' os entornos de escrotorio KDE3.5, XFCE e Gnome, a instalar e voilá! Durante o login, podo escoller o entorno de escritorio. Alguén sabe facelo en menos pasos con Ubuntu?.
se non me erro desde o sinaptic, xestor de paquetes/instalacións iso tamén é posible.


7. compiz por defecto
no ubuntu tamén aínda que na opción con poucos efectos, que me gusta, as fiestras de flan mareanme.


8. Dende o arranque ata o escritorio funcinando pasan MENOS de 60s. Ubuntu esto +- faino pero non cando se teñen istalados darredor de 13 GB de software.

Neste sentido non teño queixa. 13 gb xa son...

9. Os foros e a moi completa wiki... ah, e o bugzilla, teño comprobado que son bastante eficaces. (opensuse.org <http://opensuse.org>)

Unha ampla comunidade, detrás é importante. Poida que ese sexa un dos éxitos do ubuntu. Como dicía o outro, a masa crítica.

Resumindo, é unha distro apta para novatos, inda que non moi recomendada, mais tamén para 'profesionais' ou xente que nos ghusta cambialo todo ou tocar o mínimo a consola. Dito doutra maneira, ten ferramentas moi potentes presentadas dunha maneira moi visual e organizada; é rápida e eficaz.


Hai 3 días estiven probando a live (gnome) e a verdade é que me gustou
bastante, aínda así onte instalei o ubuntu. No meu portátil, ubuntu, ten un erro e é o de que o brillo da pantalla ponse a tope cada vez que reinicio, incluso se lanzo o virtualbox muda só. Supoño que será cuestión de tempo, incialmente botei máis dun ano sen ter son, con ningunha distro, era cousa do kernel, e penso que o segue a ser.

Poida que máis adiante se reinstalo o probe.
Finalmente, moitas gazas pola exposición tan detallada das túas opinións e criterios de elección.


PD: Opensuse non ten nada que ver con Novell excepto que lle dá cartos, asíque non existe esa falacia de que M$ ten comprado a Novell e polo tanto Suse é de M$. É o mesmo ca Canonical e Ubuntu, unha cousa é a empresa e outra a comunidade OSS.

Non escoitara iso, doume por enterado.

Grazas de novo.

Responderlle a