O Wednesday 06 August 2008 10:50:52 Leandro Regueiro escribiu:
> Pois non, non probei a última de KDE. Xa digo que o único bo que lle
> vin a KDE é que está moi traballado no do aspecto gráfico, claro que
> tedes a dous ou tres deseñadores profesionais atados con cadeas
> nalgures e así calquera...

Va, KDE e Gnome teñen cada un as súas vantaxes. Eu persoalmente prefiro KDE 
por configurable e por softw que ten; ademais de elegante. O dos deseñadores, 
creo que ningún está sempre a traballar para KDE, Pinheiro é enxeñeiro civil e 
só se adica de cando en cando: agora ben. si que a equipa  artistica foi ampla 
e importante dende fai 3 anos (cando se empezaba a planear a serie 4)

> Sobre o de que os tradutores de KDE traballen noutros sitios,
> pregúntome en que idioma tes ti a susa :)

en_GB. Si, debería de estar en galego, pero non dou para poñerme con ela: creo 
que non está nos repos a tradución que fostes facendo (creo que exixen un 
mínimo)

> >> Volvendo ó tema dos novos tradutores, se todo vai ben e este ano hai
> >> xornadas para alumnos noveis (ou non tan noveis), darei unha charla
> >> sobre Trasno á que Iván está invitado e para a que Marce vai elaborar
> >> o material (os seus grandes comentarios quedarán caralludos na
> >> presentación).
> >
> > LOl, si, os ácedos comentarios de Marce poden quedar bem.
>
> Si, só que teriamos que poñer alí a alguén ca suficiente faciana para
> soltalos :)
> > Suso falaba de cando nos viña ben. se a última quincena de Sept; así q
> > ide pensando. Eu prometo mirarme con máis calma o Lokalize para q me
> > preguntedes o que queirades. Eu agradecería de bo grao info de memorias
> > de traducíón en detalles, e toda a chicha interna dos sistemas de
> > tradución online (Pootle, rosseta...)
>
> A min resumos de todo isto parecenme interesantes, xa que así
> aforrádesme o traballo de telo que mirar pola miña conta :) Por máis
> que porfiedes en que me pase a KDE, se cambio de programa será ó
> gtranslator se é que Nacho e mailos outros desenvolvedores conseguen
> sacar algún día unha versión estable que non teña que instalar
> compilando a pelo.

eu quixen instlar gtranslator e si, tmpouco me fai compilalo. Pero usando 
gnome, é evidente que é millor non usar Lokalize.  Agora que o interesante do 
lokalize é que está dispoñible para windows (xa!) e podería ser recomendable 
para xente que queira traducir sobre Ghüíndous (q non sei xq, pero pasa, hai 
xente que usa Win ;) ). Que, a todo isto, que usas agora mesmo para traducir?
>
> Respecto do tema das prácticas e créditos de libre, o da asociación
> habería que miralo, alguén ten idea de que hai que facer para
> constituirse e que hai que facer para manterse?? 

Inscribirse no rexistro de asociacións da xunta, elaborar un estatuto, nomear 
un presidente, un vogal e un tesoureiro e, creo, facer a declaración cada 3 
meses. 

> Haberia que mirar
> normativas das universidades sobre o tema este, eu non teño nin idea
> de por onde comezar, pero agora non é que me sobre o tempo para buscar
> e ler. 

Compete a cada universidade. A empresa tense que dirixir á Uni e logo esta 
ofrece un plazo de incripción para "praciticas de empresa", logo cada 
departamento de facultade asigna que persona a que posto que a Uni poida ter. 
+-. 

> Respecto ós créditos de libre, se non fora con prácticas en
> empresas, ou algún tipo de choio de mancomún, poderiamos mirar de dar
> nós algún tipo de obradoiro ou algo así (se fora posible e houbera
> xente disposta). 

Si, poderiamos contactar cos grupos de Linux e falarlles disto. Eu o máis 
cerca é o de Ordes e poderia poñerme en contacto con eles para organizar algo. 
Tamén hai os d'A Coruña... A min non me importa facer  cousas destas de cando 
en cando. 

> Os dos ciclos de FP fan as prácticas onde poden,
> moitas veces onde lles mandan (como desgraciadamente me pasou a min).
>
> Respecto do tema de distorsión, é certo, pero se o seu traballo remata
> en memorias de tradución, ou traducen cousas que non cambian a miúdo,
> as traducións manteranse durante moito tempo, e poderase dicir que
> realmente fixeron algo útil. Creo que a documentación cambia máis
> lentamente, e agora que estamos a ver se nos poñemos con ela penso que
> poderia ser boa idea metelos a traballar aí, se realmente todo isto
> vai para adiante. Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
> demais proxectos?

Eu creo que inda hai choio nas interfaces xq requiren dun mantemento periodico 
e constante. Tampouco creo que a documentación sexa pra novatos. Creo que 
antes da documentación viria conseguir un sistema completo (=2 ou 3 das 
mellores distros ó 100% + KDE/Gnome 100%). Nas distros, pareceme que 
deberíamos centrarnos en debian (alguén vai facer debian?), ubuntu (por 
aclamación popular), fedora e opensuse. 

Saúdos!

Responderlle a