> E hai que reunirse ou algo así, cada x tempo? Por declaración que > queres dicir? O vogal para que demo serve? Haberiase que reunir tres > ou catro para falar disto en persoa que sempre é máis rápido e mellor.
Mínimo unha vez ao ano, para facer unha asembleia xeral. Declaración: da renda. Vogal: Un dos membros da xunta directiva, sen outra función específica asinada. >>> Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos >>> demais proxectos? Mandar a.... eu penso que cada un traduce onde máis lle peta, non onde lle mandan, a non ser que estexa baixo contrato, claro. > estou de acordo contigo, pero se chegamos a ter o 100% mantelo > vai custar un ollo e parte do outro. Non, estas equivocado: consulta no dot.kde.org unha entrevista a Nuno (da equipa portuguesa de kde (120 000 msg + 50/60 000 msg) > KDE estades a elo e penso que o ides conseguir, pero como xa dixen, se > quitamos tradutores de aí a cousa igual baixa. Gnome está moi arriba > pero na parte extra a cousa pinta moi mal, se lembro ben. Como? Temos kdebase ao 99,moito % , por non dicir ao 100%, e se lle metemos os extras, todos eles, no 93%, Gnome núcleo está no 98% e se lle metes os extras non sei se chegan ao 75%. > A min gustariame poñerme a isto e a aquelo, pero con tantas cousas que > teño xa nas mans, case me estou volvendo tolo atendendo isto e mailo > outro. Agora o [OT]: ou de centras, ou traballo perdido todo, e non só na tradución, en caseque todos os eidos da vida, aínda que supoño que será cousa da idade, Miguel tamén anda saltando entre edu e office, por exemplo, mentres que Xosé está moito máis adicado só a kdepim. A min pasábame algo semellante antes de adicarme en exclusiva a kde e kmymoney, aínda teño ficheiros a medio rematar de varios programa no disco do Mac.