>> >> Haberia que mirar
>> >> normativas das universidades sobre o tema este, eu non teño nin idea
>> >> de por onde comezar, pero agora non é que me sobre o tempo para buscar
>> >> e ler.
>> >
>> > Compete a cada universidade. A empresa tense que dirixir á Uni e logo
>> > esta ofrece un plazo de incripción para "praciticas de empresa", logo
>> > cada departamento de facultade asigna que persona a que posto que a Uni
>> > poida ter. +-.
>
>> Eu non estaba falando de prácticas en empresa, estaba falando de dar
>> cursiños coma os dunha semana que dan no edificio de investigación de
>> aquí ó lado, diante de económicas. Por cada cursiño deses dan un
>> crédito de libre, e hai que ir alí ás clases. Con dicirche que dan
>> cursiños de photoshop, creación de páxinas web, e cousas así, non creo
>> que haxa problema por chantar un cursiño de tradución de SL. O caso é
>> que haxa alguén de Trasno disposto a queimar as cellas alí, e que na
>> uni acepten que enviemos a alguén Trasno para ocuparse do choio.
>
> vale, eu enlazaba co q preguntaba Susana disto.
>
> Entendo que ós cursos ós que te refires ti teñen que sere organizados por
> Rectorado, e para facelo habería q pedir nalgún departamento que o xestionen.
> Sen ser asociación, de todas todas véxoo complicado; inda que se pode
> probar.Igual Mancomun nos pode axudar aquí?. Non?, suso (PD: ídesvos aburrir
> de nós, lol)

Directamente non teño nin idea. Seria cuestión de moverse e enterarse
ou de facer que outros se movan e se enteren e nolo conten.

>> >> Respecto ós créditos de libre, se non fora con prácticas en
>> >> empresas, ou algún tipo de choio de mancomún, poderiamos mirar de dar
>> >> nós algún tipo de obradoiro ou algo así (se fora posible e houbera
>> >> xente disposta).
>> >
>> > Si, poderiamos contactar cos grupos de Linux e falarlles disto. Eu o máis
>> > cerca é o de Ordes e poderia poñerme en contacto con eles para organizar
>> > algo. Tamén hai os d'A Coruña... A min non me importa facer  cousas
>> > destas de cando en cando.
>>
>> Eu no referente a obradoiro falaba de obradoiro para os créditos de
>> libre, ou sexa, un cursiño deses. Ainda que un obradoiro nunhas
>> xornadas organizadas por un grupo de usuarios non estaria mal. A min
>> tampouco me importaria facelo, o que me custa é poñerme a elo :)
>
> falarei cos e Ordes, xq sei que teñen dado charlas en Institutos...

Vale. Haberia que pensar como enfocalo e preparar un material
introdutorio, que penso que seria moi reaproveitable...

>> >> Os dos ciclos de FP fan as prácticas onde poden,
>> >> moitas veces onde lles mandan (como desgraciadamente me pasou a min).
>> >>
>> >> Respecto do tema de distorsión, é certo, pero se o seu traballo remata
>> >> en memorias de tradución, ou traducen cousas que non cambian a miúdo,
>> >> as traducións manteranse durante moito tempo, e poderase dicir que
>> >> realmente fixeron algo útil. Creo que a documentación cambia máis
>> >> lentamente, e agora que estamos a ver se nos poñemos con ela penso que
>> >> poderia ser boa idea metelos a traballar aí, se realmente todo isto
>> >> vai para adiante. Se mandades ós novos a KDE ou Gnome que será dos
>> >> demais proxectos?
>> >
>> > Eu creo que inda hai choio nas interfaces xq requiren dun mantemento
>> > periodico e constante. Tampouco creo que a documentación sexa pra
>> > novatos. Creo que antes da documentación viria conseguir un sistema
>> > completo (=2 ou 3 das mellores distros ó 100% + KDE/Gnome 100%). Nas
>> > distros, pareceme que deberíamos centrarnos en debian (alguén vai facer
>> > debian?), ubuntu (por aclamación popular), fedora e opensuse.
>>
>> Umm, estou de acordo contigo, pero se chegamos a ter o 100% mantelo
>> vai custar un ollo e parte do outro. Debian vexoo factible, e alguén
>> terá que collelo agora que se nos vai Jacobo. Eu teño pensado pasarme
>> definitivamente a Debian a comezos do novo curso e se non hai problema
>> estaria disposto a poñerme.
>
> 4 distro é MOI ambicioso, eu x min eliminaba da lista pero... Ubuntu ten o
> sistema de tradución que ten (web, sin faldas y a lo loco, sorry, colegas de
> Ubuntu), Debian é a máis interesante para as institucións (e non sei xq, me lo
> expliquen por favor), e opensuse e fedora paréceme que está tanto na vangarda
> de Linux agora mesmo coma Ubuntu (véxase, on-click-install ou q a primeira en
> incorporar KDE4 foi fedora).

Home, o bo dos sistemas web é que podes baixar un ficheiro e tamén
subilo. De feito eu o Inkscape, cando o traducia, enviabao de cando en
vez ó Rosetta para que despois aparecera en galego. En todo caso o
sistema de non enviar as cousas de volta ás fontes non me gusta. En
Fedora tiñan un sistema chamado Transifex que polo que lin en teoria
envia as traducións de volta ó upstream automaticamente.

>> openSuse require moito traballo de desbrozamento ainda, pero calculo
>> que se chegamos ó 100% non custará máis dun mes de traballo tódolos
>> anos mantelo aí. Fedora véxoo chungo, hai que desbrozar moito tamén,
>> pero a diferencia de openSuse ninguén se da posto a elo. Hai ou habia
>> un mozo que queria meterlle man, pero non sei como está iso agora
>> mesmo. Ubuntu a verdade é que non sei nin a que porcentaxe está, a
>> diferencia entre o que é Ubuntu e o que non é, é moi difusa, en todo
>> caso creo que levan moito feito e tampouco deberia custar moito
>> traballo.
>
> Eu, me maten, non dei atopado as estatísticas da cousa esa marrón. Teñen
> páxina adicada exproceso a dicir que idiomas están traducidos ou non?

Igual Felipe entende disto.

>> KDE estades a elo e penso que o ides conseguir, pero como xa dixen, se
>> quitamos tradutores de aí a cousa igual baixa. Gnome está moi arriba
>> pero na parte extra a cousa pinta moi mal, se lembro ben. Xfce seria
>> factible telo ó 100% cun único tradutor traballando de cando en vez,
>> pero antes hai que chegar ó 100%, pero tamén é certo que non é un
>> ambiente de escritorio moi usado.
>
> en KDE fai falta xente pero tamén se pode compatibilizar cunha distro ou algo
> máis coma programas de 500-2000 cadeas.

O malo de estar con moitas cousas pequenas é que se fan unha cousa moi
grande. Estar cas seis cousas que estou dame case tanto traballo coma
estar traducindo unha única cousa pero o dobre de grande ca todas esas
cousas xuntas.

>> A min gustariame poñerme a isto e a aquelo,
>
> idem
>
>> pero con tantas cousas que
>> teño xa nas mans, case me estou volvendo tolo atendendo isto e mailo
>> outro. Pensei en desfacerme de Mandriva, xa que despois de todo non é
>> unha distro moi usada, e igual atopo alguén disposto a coller a
>> tradución e seguir, e tamén pensei en pasar de Fedora. En Trasno hai
>> xente usando debian, opensuse e ubuntu, e non é por nada pero
>> preferiria centrarme nas distros que máis nos beneficia ter traducidas
>> ós trasnegos, xa que non nos pagan polo menos beneficiarnos dalgún
>> xeito :)
>
>  mandriva ten fama entre o populacho de a mellor para non iniciados pero creo
> que en uso Ubuntu gánalle en novos usuarios

Creo que dende que Ubuntu vai batendo forte por aí, Mandriva baixou
moito, e case diria tamén que outras distros. Así que habendo falta de
tradutores haberia que pensar ben en que distros priorizar, cousa para
a que virian ben datos sobre uso de distros en galego e as
preferencias persoais en tema de distros dos trasnegos (hai que ser
algo egoistas :)).

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a