2008/8/11 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> Olá,
> Kalzium é un programa educativo para a área de química que ademáis da típica
> información de táboa periódica ten visualización de moléculas, que pode ler
> en varios formatos de ficheiro.
>
> Temos disponíbel unha versión en galego para este programa, lamentabelmente
> non chegou a tempo de 4.1.0, pero o ficheiro po está disponíbel para a súa
> obtención de internet, polo que pode instalarse a localización sen moito máis
> que vontade.
>
> A tradución precisa dunha revisión, polo que animo a quen teña interese no
> asunto, a instalar o kalzium, a tradución ao galego [1], e darlle unha volta
> á procura de erros.
>
> Non teño outra forma de pagalo que con estima.
>
> [1]Axudarase no caso de dúbidas.

O programa este está moito mellor có gperiodic, que traducira o meu
irmán (o único que traduciu), e que finalmente non se puido enviar de
volta porque foi imposible contactar con ninguén do equipo de
desenvolvemento. Se vale de algo, que o dubido, buscoo nas copias de
seguridade. Como apoio é recomendable usar a galipedia, pero non
confiando cegamente nela (todos metemos a zoca).

Ata logo,
                   Leandro Regueiro
  • [RFH] Kalzium mvillarino
    • Re: [Softlibre-edugal] [RFH] Kalzium Leandro Regueiro

Responderlle a