Olá, Kalzium é un programa educativo para a área de química que ademáis da típica información de táboa periódica ten visualización de moléculas, que pode ler en varios formatos de ficheiro.
Temos disponíbel unha versión en galego para este programa, lamentabelmente non chegou a tempo de 4.1.0, pero o ficheiro po está disponíbel para a súa obtención de internet, polo que pode instalarse a localización sen moito máis que vontade. A tradución precisa dunha revisión, polo que animo a quen teña interese no asunto, a instalar o kalzium, a tradución ao galego [1], e darlle unha volta á procura de erros. Non teño outra forma de pagalo que con estima. [1]Axudarase no caso de dúbidas. -- Best regards, MV

