Ola María,
Para dúbidas sobre o que é correcto e o que non, lembrámosvos que o lugar
onde contrastar a validez das formas é:

http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp

Se buscas nesta base de datos en liña, comprobarás que "turno" e "vegada"
non aparecen como normativas. En cambio, "quenda" e "vez" valen as dúas.
As definicións que buscas podes atopalas en:

http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp

Por outra banda, a terceira fonte normativa que existe é o
"Dicionario castelán-galego" da RAG editado pola Fundación Pedro Barrié de
la Maza. Por se non o tedes, reproduzo aquí a entrada "turno":

"
1. (alternancia) rolda (f.), <ronda> (f.).
Establecieron un turno para colaborar todos en la vigilancia.
Establecieron unha rolda para colaborar todos na vixilancia

2. (momento) quenda (f.), vez (f.), rolda (f.), <ronda> (f.), xeira (f.).
Cada participante intervendrá cuando llegue su turno.
Cada participante intervirá cando chegue a súa quenda.

De t.: de servizo.
El médico que estaba de turno le aconsejó que acudiese a un especialista.
O médico que estaba de servizo aconselloulle que acudise a un
especialista.
"
(O uso de "<>" indica que é unha forma non preferente.)

Dado que é unha decisión que aparece nas tres fontes normativas
existentes, pouco temos para engadir. Se precisades a definición do futuro
DRAG podémosvola conseguir.

Saúdos,
Víctor Fresco Barbeito
TERMIGAL

> Olá,
> no proxecto Trasno, estase a ter algunha dúbida referente á utilización
de
> turno, quenda, vegada e vez.
> Poderíadesnos aclarar se "turno" é admisíbel e en tal caso cal é a súa
definición?
> --
> Best regards,
> MV








Responderlle a