Estaba eu a traducir tan felizmente unha campaña do Wesnoth cando de súpeto a palabra "turnos" aparéceme subliñada con vermello. Posto que me pasa con moitas que existen, procedo a agregala ao diccionario para que non me volva pasar, e logo vou ao Digalego para cerciorarme. E non atopo "turno". Están quenda, rolda, vez... Pero turno nada.
A continuación collín o meu dicionario de papel (si, teño :-D), e aparéceme turno coma "*turno - quenda", o que en termos do meu dicionario significa que a xente adoita dicir "turno" pero non é correcto. Se alguén pode confirmalo, agredeceríao moito.

