2008/8/22 <[email protected]>: > Ola María, O de ola María vai por mvillarino ou é unha expresión popular que non vira antes??
> Para dúbidas sobre o que é correcto e o que non, lembrámosvos que o lugar > onde contrastar a validez das formas é: > > http://www.realacademiagalega.org/volga/index.jsp Pero isto está actualizado, ou non?? > Se buscas nesta base de datos en liña, comprobarás que "turno" e "vegada" > non aparecen como normativas. En cambio, "quenda" e "vez" valen as dúas. > As definicións que buscas podes atopalas en: > > http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp > > Por outra banda, a terceira fonte normativa que existe é o > "Dicionario castelán-galego" da RAG editado pola Fundación Pedro Barrié de > la Maza. Por se non o tedes, reproduzo aquí a entrada "turno": > > " > 1. (alternancia) rolda (f.), <ronda> (f.). > Establecieron un turno para colaborar todos en la vigilancia. > Establecieron unha rolda para colaborar todos na vixilancia > > 2. (momento) quenda (f.), vez (f.), rolda (f.), <ronda> (f.), xeira (f.). > Cada participante intervendrá cuando llegue su turno. > Cada participante intervirá cando chegue a súa quenda. > > De t.: de servizo. > El médico que estaba de turno le aconsejó que acudiese a un especialista. > O médico que estaba de servizo aconselloulle que acudise a un > especialista. > " > (O uso de "<>" indica que é unha forma non preferente.) > > Dado que é unha decisión que aparece nas tres fontes normativas > existentes, pouco temos para engadir. Se precisades a definición do futuro > DRAG podémosvola conseguir. Pois ó final parece que si que hai que cambialo. Ata logo, Leandro Regueiro

