Pois parece que dá pra moito a cuestión. Cito textualmente de "As normas
ortográficas e morfolóxicas da Lingua Galega: actualización, complementos e
desviacións". Xosé Feixó. Ed Cumio, 3º Edición, 2003:
** As comiñas:
As comiñas compostas... en posición voada (" ") ou baixas ou angulares (<< >>)
marcan o principio e o fin dunha cita textual ou de expresións que destacan
pola súa singularidade. As comiñas simples (' ') enmarcan palabras que
aparecen dentro dun texto que xa leven comiñas .
Usos (e abrevio):
1. indicar cita literal...
2. destacar o título dun libro, obra artística...
3. realzar palabras ou frases irónicas (p.ex. - está claro que gobernan " os
bos e xenerosos")
4. realzar extranxeirismos
5. " " empréganse para non repetir palabras nunha serie (o que facemos ó
coller apuntes, hehe)
6. Resáltanse palabras dentro dun entrecomillado con << >> con " "" (p.ex <<
es un "as" so investimento en bolsa>>)
7. As comiñas simples (' ' ) empréganse para expresar unha palabra que debe
entenderse nun determinado sentido ou para definir a outra palabra (p.ex. non
lle chamou cativo no sentido de 'pequeno' ) ou, dito antes, para enmarcar
palabras nun texto xa entrecomillado.
Abur!