Pois iso, que veño de anovar a páxina adicada a KDE en trasno. As modificacións son só no que se refire ao procedimento de traballo, para dar conta dos scripts que estiven a facer esta tempada. Nota: recomendo empregalos, do "anovar.sh" dou fe que non me deu problemas. Do "trasno_firsttime.sh", fixen probas cun usuario feito para iso e foi ben. trad_colisions.sh é un auxiliar, pero pode empregarse para resolver conflitos nos repositorios (nota: fulmina as modificacións do repositorio, quedando só coas locais) trasno_builddocs.sh é unha versión "mellorada" de update_xml: o de mellorada ben porque é capaz de compilar documentación incompleta, e ademáis procesa o index.docbook __despois__ dos capítulos. Grazas á axuda de Jesús Bravo.
Que vaia ben,

