Primeiro, queda saúdado Karl!! e benvido. Eu son Miguel) O Wednesday 26 November 2008 12:28:21 Leandro Regueiro escribiu: > 2008/11/25 Karl García Gestido <[email protected]>: > > Ola de novo! > > > > Vexamos. Estiven probando a traducción de distintos arquivos: > > > > *community-repositories.gl.po > > *html-help-install.gl.po > > *html-help-boot.gl.po > > > > que tiñan poucas liñas pendentes. O "generenciador" de arquivos dame unha > > lista con varios campos. Destacan o de estado, nome, traductor, proxecto, > > "traduzido" e "nao traduzido". Como dixen, escollín algúns que puñan > > poucas liñas non traducidas, de un en un. Por exemplo, marquei o de > > "community- repositories" e pulsei en "atribuir" (arriba á esquerda). Sae > > unha fiestra, onde elixo en "asignar para min como" "traductor" e en > > estado "translating". Gardo e na columna status (estado) aparece > > "translating". Doulle a "baixar" e gárdoo. Descomprimo o arquivo tgz > > baixado con ark e con lokalize abro o arquivo .po que baixei. > > > > lokalize ten varias partes (non estou usando proxectos, só arquivos > > individuais). Unha árbore de mensaxes, unha fiestra de contexto, unha de > > diferencias co orixinal, unha de glosario e unha "memoria de traducción".
correcto; se baixaras todo o que hai por traducir via svn poderías crear o proxecto, non o facendo non ten moito sentido pódeste aproveitar das memorias de tradución (descargable dende aquí http://trasno.net/trasno:memorias a de Gnome) e facer unha tradución automática co Lokalize. En susa afórrase moito choio xq hai moito repetido. Para iso descarga a memoria de onde che indiquei, vaite a 'vista do proxecto' > 'utilidades' > 'xestionar memorias' e engadir a que baixaches. > > A árbore amosa parágrafos e liñas. Van numeradas, e hai unha columna para > > a orixinal sen traducir e outra para a traducción. O parágrafo > > seleccionado amósase en dúas fiestras para a orixinal e para a tradución. > > Na árbore hai unha columna máis chamada "dubidosa" (con valores > > certo/falso -true/false). Eu escribo a tradución pertinente na fiestra da > > traducción e cando está todo gardo o arquivo. Volto ó "generenciador" de > > arquivos e pulso "enviar": sae unha fiestra para subir arquivos que serán > > enviados, selecciono o arquivo correspondente (neste caso, community...) > > e doulle a enviar. Cando o amosa na outra parte da fiestra, doulle a > > confirmar e súbeo. Pídeme un comentario e non me deixa pechar o cadro de > > diálogo se non escribo algo. Cando posteriormente lle dou a "liberar", > > volve a pedirme un comentario; se non poño nada, pecha a fiestra, borra o > > comentario anterior e pon un símbolo dun candado cunha frecha verde, co > > estado "pending". correcto, isto é (e q me corrixan se me engano xq non son eu quen administro Suse) que enviache-lo .po correctamente e agora o administrador do equipo galego con permisos axeitados terá q enviar o ficheiro ó repositorio de onde se compilará a tradución se che dá erro un ficheiro ó subir coméntao e miramos de amañalo, ás veces é complicado buscar onte ten o ficheiro o erro. Para isto ven ben ter o Kbabel, escoller o ficheiro e facer unha 'comprobación de sintaxe' e ver en que liñas está o erro, editar o po coma texto onde haxa o fallo (as veces está duplicada a mensaxe, ás veces falta un \n ou non coinciden algunhas etiquetas coa frase orixinal...) > > Namentres agardo me confirmes se vou ben ou se hai que facer algo de > > maneira distinta, ou o que fago mal, baixei o arquivo > > kupdateapplet.gl.po, co que estou. vl, cando collas ficheiros márcao no verbum coma que os estás traducindo, para os demais sabermos cales están collidos PD: non é por tocar o carallo, pero intenta evitar erros no galego ata onde saibas, para iso recoméndoche botarlle un ollo (a poucos vai mellor) ás normas da RAG, pois intentamos adherinos o máximo posible a elas: http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/catalog/publications/files/normas_galego05.pdf como o paso posterior á tradución é a revisión tampouco che pedimos que sexas perfecto (nos non o somos :) ) e tampouco ten excesiva importancia. Axúdate das páxinas que temos na web postas coma recursos. Eu uso a susa (dende a 10.0) así q ánimo!! que val a pena!!

