2008/11/25 Karl García Gestido <karlgg...@demmedio.es>:
> Ola de novo!
>
> Vexamos. Estiven probando a traducción de distintos arquivos:
>
> *community-repositories.gl.po
> *html-help-install.gl.po
> *html-help-boot.gl.po
>
> que tiñan poucas liñas pendentes. O "generenciador" de arquivos dame unha
> lista con varios campos. Destacan o de estado, nome, traductor, proxecto,
> "traduzido" e "nao traduzido". Como dixen, escollín algúns que puñan poucas
> liñas  non traducidas, de un en un. Por exemplo, marquei o de "community-
> repositories" e pulsei en "atribuir" (arriba á esquerda). Sae unha fiestra,
> onde elixo en "asignar para min como" "traductor" e en estado "translating".
> Gardo e na columna status (estado) aparece "translating". Doulle a "baixar" e
> gárdoo. Descomprimo o arquivo tgz baixado con ark e con lokalize abro o
> arquivo .po que baixei.
>
> lokalize ten varias partes (non estou usando proxectos, só arquivos
> individuais). Unha árbore de mensaxes, unha fiestra de contexto, unha de
> diferencias co orixinal, unha de glosario e unha "memoria de traducción".
>
> A árbore amosa parágrafos e liñas. Van numeradas, e hai unha columna para a
> orixinal sen traducir e outra para a traducción. O parágrafo seleccionado
> amósase en dúas fiestras para a orixinal e para a tradución. Na árbore hai
> unha columna máis chamada "dubidosa" (con valores certo/falso -true/false). Eu
> escribo a tradución pertinente na fiestra da traducción e cando está todo
> gardo o arquivo. Volto ó "generenciador" de arquivos e pulso "enviar": sae
> unha fiestra para subir arquivos que serán enviados, selecciono o arquivo
> correspondente (neste caso, community...) e doulle a enviar. Cando o amosa na
> outra parte da fiestra, doulle a confirmar e súbeo. Pídeme un comentario e non
> me deixa pechar o cadro de diálogo se non escribo algo. Cando posteriormente
> lle dou a "liberar", volve a pedirme un comentario; se non poño nada, pecha a
> fiestra, borra o comentario anterior e pon un símbolo dun candado cunha frecha
> verde, co estado "pending".
>
> Namentres agardo me confirmes se vou ben ou se hai que facer algo de maneira
> distinta, ou o que fago mal, baixei o arquivo kupdateapplet.gl.po, co que
> estou.

Como non teño o lokalize instalado (nin podo instalalo) envio a
mensaxe á lista de Trasno agardando que alguén che poida responder.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a