Parabéns, demorados, para as?/os tradutora/es. Agradécense tamén os
comentarios, de Miguel se mal non lembro, sobre o Ubuntu e KDE, a verdade é
que é certo que non tiña/ten un comportamento especialmente fluído. Neste
momento, coa versión 4.1.4 (creo), tampouco atopo problemas serios en
Ubuntu, pero si que os teño experimentado no pasado; agradezo, polo tanto, a
información sobre a distribución (Ubuntu foi a única, das que probei, que
puiden instalar no seu día no portátil e, pola concomitancia con debian,
resultoume realmente práctica, hai anos que non probo Suse, que nin sequera
era Open daquela, pero polos comentarios que facedes vai haber que
instalala...). Con debian obtiven sempre mellores resultados (, pero vai ti
saber para cando chega a 4.2 a debian).
Parabéns de novo e a ver se chega pronto aos repositorios.

2009/1/31 Marce Villarino <mvillar...@gmail.com>

> O Venres 30 Xaneiro 2009 09:20, mvillarino escribiu:
> > =====
> > Lamentabelmente, debido a causas alleas á equipa de tradución de KDE
> > ao galego, o estado do 100% traducido, que tanto cariño nos costou
> > acadar e manter, estragouse por causas alleas a Trasno. Na actualidade
> > (2009-01-30), están unhas 1000 mensaxes en estado de dubidoso, que me
> > encargarei de ir revisando antes de 4.2.1.
>
> Ea, temos uns coordinadores de l10n en kde que non os merecemos... xa
> arranxaron todo todo todiño, pra entendernos, que mañá miredes outravolta
> as
> estatísticas.
> --
> Best regards,
> MV
>

Responderlle a