Olá:

aínda non foi quitada a veda de branches/stable, pero semella que
fixeron un grande avance arranxando o follón que houbo ao marcar 4.2,
así que irei facendo o resumo prometido.

=====
Lamentabelmente, debido a causas alleas á equipa de tradución de KDE
ao galego, o estado do 100% traducido, que tanto cariño nos costou
acadar e manter, estragouse por causas alleas a Trasno. Na actualidade
(2009-01-30), están unhas 1000 mensaxes en estado de dubidoso, que me
encargarei de ir revisando antes de 4.2.1.

Os principais resultados acadados durante o tempo de 4.2 estivo en trunk foron:

- Acadouse, e mantívose o estado do 100% da gui traducida, do cal
cumpre culpar a Xosé Calvo, Miguel Branco e eu mesmo.
   - O meu mérito foi basicamente manter as traducións (as pequenas
revisións diarias)
   - Miguel Branco traballou en koffice, kdenetwork, (penso que en
kdeedu tamén) e tamén hai algo de traballo seu en kdebase,
   - Xosé Calvo traballou en kdegraphics, kdeedu, e na documentación
(e supoño que me esquecín de cousas).

- Fíxose un grande avance na documentación, grazas ao traballo de Xosé Calvo.

- Miguel Branco comezou o traballo en aseguramento e mellora da calidade (QA).

Con base no anterior, as expectativas para os próximos meses en stable son:
- Recuperar o estado de tradución 100%

en paralelo, as expectativas para os vindeiros meses en trunk son:
- Acadar e manter na gui unha tradución do 100%
- Estabelecer procedimentos de QA (*)
- Continuar coa tradución da documentación, e a revisión (eng: revise)
da gui que corresponda.

(*)Nota: en referencia a isto, a falarei con Miguel (C/C trasno) os
próximos días acerca deste asunto, porque non é tan sinxelo como
inicialmente parece.

Responderlle a