Ola a todos, Respecto a ciclos anteriores de Wesnoth, este ano retrasouse a publicación da versión estable ata algo despois dos exames de Febreiro (non sei se debido ás miñas insistentes queixas), así que temos ata o 15 de Marzo aproximadamente. Vou intentar subir os novos pots ó noso repositorio para que poidamos poñernos a actualizar a tradución e ver se chegamos ós primeiros postos.
Ata logo,
Leandro Regueiro

