Boas a todos. Teño a ben comunicarvos que a partires do día de onte son xa (co)coordinador oficial (aínda non sei se Leandro segue tendo conta no svn) da tradución de Mandriva Linux.
Levo xa un par de semanas revisando as traducións antigas e facendo as que quedaban por facer. Como na práctica estou eu nada máis, enviarei periodicamente os ficheiros .po á lista para que algunha ánima caritativa (a poder ser un filólogo) os revise por enriba, xa que como xa dixen noutras ocasións non estou moi versado na nova normativa (aínda que estou tratando de solucionalo, xD). Graciñas polo voso tempo. Seguiremos en contacto.

