Boas. Hoxe pola mañá, José Millán notificoume e amosoume un feito bastante grave nas traducións do Launchpad de Ubuntu.
Polo que parece, o tradutor "Darío Villar" anda a facer o parvo traducindo/revisando certas cadeas do proxecto. Máis concretamente, coas referentes ós nomes dos desenvolvedores/tradutores das aplicacións. No fío seguinte podedes albiscar algún destes casos. https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/kdebase/+pots/konqueror/gl/+translate?field.alternative_language=&field.alternative_language-empty-marker=1&show=changed_in_launchpad&start=30 Xa na terceira cadea que aparece, se ve traducido "Harry Porten" coma "Harry Potter", coma revisión dunha tradución feita anteriormente por Marce. Resumindo, que se adica a desfacer o que a outros lles custou o seu traballo. Se alguén quere ver o exemplo en acción, con abrir o seu Konqueror (versión do KDE 4.2) poderá ver dita tradución entre os autores. Polo menos a min, non me ten ningunha gracia o "chiste". Se atendemos ás licencias do proxecto, por modificar o mesmo e non citar o autor (que é o que está a facer mudándoo por outro), pódelles caer unha denuncia a tódolos responsables do proxecto. Así que, se algún dos aquí presentes ten potestade para quitarlle os permisos sobre o servidor de traduccións e guindalo do proxecto, ten o meu apoio incondicional. Aínda penso que merecía algo máis ca iso, pero nin este é lugar para dicilo, nin eu quen para facelo. Agardo que solucionedes o asunto coa máxima celeridade. Canto antes se faga, menos danos poderá causar. Un saúdo, Alejo.

