Eu quixera apoiar este chamamento á cordura de Felipe.

Saúdos,

Felipe Gil Castiñeira escrebeu:
> Ola Alejo,
> 
> Antes de nada quero pedir un pouco de cordura. Estiven revisando por
> enriba as traducións de Darío e é certo que cambiou cadeas dunha forma
> bastante aleatoria e tamén os nomes dos desenvolvedores polo seu.
> Coincido con que son modificacións graves, pero antes de usar palabras
> tan fortes como "denuncia", deberíamoslle dar a oportunidade de
> explicarse e de corrixir esas modificacións.
> 
> Darío: agardo a túa resposta.
> 
> Un saúdo.
>     Felipe.
> 
> 
> 
> Alejo Pacín Jul wrote:
> > Boas. Hoxe pola mañá, José Millán notificoume e amosoume un feito
> > bastante grave nas traducións do Launchpad de Ubuntu.
> >
> > Polo que parece, o tradutor "Darío Villar" anda a facer o parvo
> > traducindo/revisando certas cadeas do proxecto. Máis concretamente,
> > coas referentes ós nomes dos desenvolvedores/tradutores das
> > aplicacións. No fío seguinte podedes albiscar algún destes casos.
> >
> > https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/kdebase/+pots/konqueror/gl/+translate?field.alternative_language=&field.alternative_language-empty-marker=1&show=changed_in_launchpad&start=30
> > <https://translations.launchpad.net/ubuntu/jaunty/+source/kdebase/+pots/konqueror/gl/+translate?field.alternative_language=&field.alternative_language-empty-marker=1&show=changed_in_launchpad&start=30>
> >
> > Xa na terceira cadea que aparece, se ve traducido "Harry Porten" coma
> > "Harry Potter", coma revisión dunha tradución feita anteriormente por
> > Marce. Resumindo, que se adica a desfacer o que a outros lles custou o
> > seu traballo.
> >
> > Se alguén quere ver o exemplo en acción, con abrir o seu Konqueror
> > (versión do KDE 4.2) poderá ver dita tradución entre os autores.
> >
> > Polo menos a min, non me ten ningunha gracia o "chiste". Se atendemos
> > ás licencias do proxecto, por modificar o mesmo e non citar o autor
> > (que é o que está a facer mudándoo por outro), pódelles caer unha
> > denuncia a tódolos responsables do proxecto. Así que, se algún dos
> > aquí presentes ten potestade para quitarlle os permisos sobre o
> > servidor de traduccións e guindalo do proxecto, ten o meu apoio
> > incondicional. Aínda penso que merecía algo máis ca iso, pero nin este
> > é lugar para dicilo, nin eu quen para facelo.
> >
> > Agardo que solucionedes o asunto coa máxima celeridade. Canto antes se
> > faga, menos danos poderá causar.
> >
> > Un saúdo,
> >
> >                Alejo.
> 
> 
> -- 
> Ubuntu-l10n-gl mailing list
> ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com
> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Responderlle a