Ola,
no glosario propóñense dúas traducións para "gateway": "gateway" e
"pasarela". Despois de ver que nas tradución sempre se traduce coma
"pasarela" e de que tanto no glosario de Mancomún como na terminoloxía
usada para traducir os produtos de Microsoft se usa "pasarela" de
forma exclusiva, e non sendo "pasarela" unha tradución que a xente non
sexa quen de asociar ó concepto, propoño desaconsellar (prohibir) usar
a tradución "gateway" e recomendar "pasarela".

De feito vouno facer xa, e se hai queixas fundamentadas desfacemos o cambio.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a