info: http://cpapx.xunta.es/portal/secretaria/asociacions.htm anexo: papelame completa
>Que asociacións se inscriben no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia? >Inscríbense as asociacións sen ánimo de lucro, así como as >federacións, confederacións e unións de ámbito galego no problem >Onde rexistrar a asociación? Se é unha asociación de: ámbito autonómico: >Rexistro Central de Asociacións.Conselleríade Presidencia, >Administracións Públicas e Xustiza. sería de ambito autonómico, non provincial, así que en Santiagho en presidencia >Cómo rexistrar unha asociación? >Documentación a presentar mediante orixinal ou certificado, por duplicado: >Solicitude* dirixida ao rexistro competente (ver apartado anterior). A solicitude debe realizarse, cando menos, por un dos promotores ou fundadores. >Acta fundacional* que debe conter: nome e apelidos, NIF, nacionalidade e domicilio dos promotores; a vontade de constituír a asociación, a elección da Xunta Directiva; lugar, data e sinaturas dos promotores ou dos seus representantes. Se son persoas xurídicas: certificación do acordo do órgano competente e designación persoa física. tranquilos, non hai tanto que cubrir. Sería xuntarnos todos os interesados, traer fotocopias do DNI, levantar acta de constitución, firmala, decidir o presidente... e firmar os estatutos e presentar iso en Presidencia. >Estatutos*, co contido que establece a Lei orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, data e sinatura do socios promotores en todas as súas follas. Temos o modelo do GPUL, gracias Tsao,que nos vale perfectamente. Dádeme 3-4 días e presento un borrador que poidamos discutir. >Xustificante do pagamento da taxa prevista**. >Número de persoas precisas para constituír unha asociación: Tres ou máis persoas físicas ou xurídicas. O mesmo número se se trata dunha federación, confederación e unión de asociacións de ámbito galego. estimo que anda sobre dos 100€ o rexistro >Denominación da asociación. >Non pode coincidir con outra previamente inscrita. Se a denominación non figuraen galego ou en castelán, debe achegarse certificado asinado pola mesma persoa que presenta a solicitude no que se expoña a tradución. Non temos problema coa denominación. Valería: Asociación Trasno ... pero é necesario dicir "asociación" e recoméndase seguir cunha especificación do que a asociación fai seguida do nome desta: ie. Asociación para a Localización de Software Libre ó Galego Trasno O maior problema é o domicilio fiscal. É posible que outra asociación nos permita aloxamento: teñen que firmar en asamblea que nos ceden o local para as nosas actividades. Por último, as asociacións de máis de dous anos poden solicitar a declaración de 'utilidade pública' que reporta beneficios fiscais e administrativos. Trasno, pola propia natureza do asunto, podería serlle concedida nalgún momento. Saúdos, Miguel Branco
zipFXwcjosP9v.zip
Description: Zip archive

