>> Referido ao  sistema de ficheiros
>>
>> Como traduciriades writable/unwritable?
>>
>> escribíbel/non escribíbel ?
>> modificable/non modificable ?
>> modificable/protexido ?
>
> gustame  modificable/protexido

Tirando de open-tran vemos que hai dous contextos (máis ou menos): o
dos cds, dvds e discos da mesma caste, e o do sistema de ficheiros,
cartafoles e directorios e ficheiros... No primeiro contexto úsase
"gravable" (ou "gravábel" se queredes). No outro contexto segundo o
open-tran usouse moito máis "escribible" (ou "escribíble") pero tamén
aparece unha vez "modificable". Persoalmente non me dou decidido por
ningunha das alternativas :)

>> Outra máis cookie
>> pegada?
>> galleta?
>> cuqui?
>> http://en.wikipedia.org/wiki/HTTP_cookie
>> http://es.wikipedia.org/wiki/Cookie
>
> eu emprego "cookie", de non ser sería: 1º "testemuña", 2º "pegada", pero
> ningunha me convence

Tampouco me convence ningunha, pero algunha haberá que escoller. En
todo caso "pegada" xa se usa noutros contextos e preferiria non metelo
aquí.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a