Boas,
Acabo de decatarme de que o poedit non recoñece os ficheiros .po se o que
vai entre "msgid" e as comiñas ("") é un tabulador e non un espacio...
Non sei se me explico. Se no .po vai o seguinte:
msgid(tabulador)"%s\n"
non me recoñece a cadea a traducir. Ten que ir:
msgid(UN só espacio)"%s\n"
Coas msgstr pasa o mesmo. E é raro, porque son ficheiros creados coas
ferramentas gettext (msgmerge coa opción --indent, para ser específico...)
E o máis curioso é que vim tampouco me resalta a sintaxe se leva o
tabulador...
Por agora o que vou facer é retocar o Makefile e quitar o "--indent".
Pásavos a algún de vos algo parecido? Estou a usar o poedit que ven en
Debian squeeze, a 1.4.2. Non sei se será un bug que deba ser informado...
Taloguiño!
PS: Todo isto ven porque estou a axudar a "internacionalizar" o programa
gxmms2/gkrellxmms2. Levo aprendidas un par de cousas, non creades...
--
Saúde,
Chaves.