Dende que se firme o estatuto temos 3 meses antes de que a asociación sexa legalmente operativa. Non viña mal ocupar ese tempo en deseñar a nova web.
A esa web eu pediríalle: - Información estática: o proxecto trasno, a asociación, como colaborar... - Sección de recursos lingüísticos, programación... - Canle de novas - Foro - Blogplanet /blogs persoais - Perfís individuais (integración facebook, twitter, jabber, identi.ca...) - Grupos de traballo - Glosario - outras cousas que inda non se me ocorreron :D Botándolle un ollo a Joomla e Drupal... pois con módulos extensións... é posible facer iso. Ademais hai por aí cousas como open atrium (http://www.openatrium.com baseado en drupal) que me resulta moi moi interesante!.Permite montar unha intranet con grupos, blogs para grupos, tarefas, almacén de documentos... Senón con drupal hai uns cuantos módulos que poderían servir para facer unha boa web 'social': -buddylist > friendlist -onlinestatusindicator - advanced forum - facebook-style statutes - follow - heartbeat - authorpane - profile blog information - share / share this - drop box integration - instant syndicating standars - microblog - advanced blog // wordpress import // blogger - etc etc etc ad nauseam Lecturas ó respecto: "building online comminities with drupal, phpBB and wordpress", "drupal: ultimate comunnity site guide", "drupal 6 social networking", "building powerful and robust websites with drupal 6"