2009/10/15 Leandro Regueiro <[email protected]>
> Esta segunda é a que está dispoñible en > http://ceu.fi.udc.es/pipermail/trasno/ non? > Non, non é. Todos os arquivos que puxen aquí proceden do meu arquivo persoal, así que o segundo arquivo van ter todas as mensaxes (agás spam) que se recibiron na lista, desde o 22 de maio do 2000 ata o 9 de xaneiro do 2007. Respecto á última rolda, se non vin mal as mensaxes só chegan ata > principios deste ano. > Porque é cando deixei de recibir o meu correo no meu propio ordenador e me pasei a Google Apps. Teño os arquivos que fai o xestor de listas de correo, pero o problema de mandalos é que han quedar obsoletos no mesmo momento :) Hei ver se atopo algún software bo para poñer eses arquivos dispoñibles por web. > Outra cousa, poderias cambiar a configuración para que ao darlle a > responder ás mensaxes da rolda actual poña de xeito predeterminado o > enderezo da rolda? Non, non podo. O que fixo o software xestor de listas de correo oponse a iso (así que o programa non inclúe esa opción), e eu estou dacordo con el (así que non cambio de programa). -- Jacobo Tarrío | http://jacobo.tarrio.org/

