>> Esta segunda é a que está dispoñible en
>> http://ceu.fi.udc.es/pipermail/trasno/ non?
>
> Non, non é. Todos os arquivos que puxen aquí proceden do meu arquivo
> persoal, así que o segundo arquivo van ter todas as mensaxes (agás spam) que
> se recibiron na lista, desde o 22 de maio do 2000 ata o 9 de xaneiro do
> 2007.
Entón quedámonos co que ti envías.
>> Respecto á última rolda, se non vin mal as mensaxes só chegan ata
>> principios deste ano.
>
> Porque é cando deixei de recibir o meu correo no meu propio ordenador e me
> pasei a Google Apps. Teño os arquivos que fai o xestor de listas de correo,
> pero o problema de mandalos é que han quedar obsoletos no mesmo
> momento :)
> Hei ver se atopo algún software bo para poñer eses arquivos dispoñibles por
> web.
Isto é moi importante para a rolda actual, xa que hai xente que acusa
a Trasno de ter unha rolda pechada. Sinceramente esta é o único xeito
en que se podería abrir máis.
>> Outra cousa, poderias cambiar a configuración para que ao darlle a
>> responder ás mensaxes da rolda actual poña de xeito predeterminado o
>> enderezo da rolda?
>
> Non, non podo. O que fixo o software xestor de listas de correo oponse a
> iso (así que o programa non inclúe esa opción), e eu estou dacordo con el
> (así que non cambio de programa).
Vale. Pero que conste que non coincido, e outros tampouco.
Ata logo,
Leandro Regueiro