Boas,

Acaba de entrar en funcionamento a rolda de distribución de correo 
comunitaria instalada para minimizar o impacto do actual proceso de 
desmantelamento de Mancomún e o posibel feche da súa rolda g11n, que tan
efectiva foi no pasado para mellorar a comunicación entre as distintas 
partes -ás veces contrapostas- que conforman esta comunidade. Os novos
enderezos son:

  Servidor:   https://roldas.g11n.net/
  Rolda   :   comunid...@g11n.net

O funcionamento é idéntico ao que xa coñecemos; entre as súas
características:

- Arquivo público (procesos decisionais participativos e transparentes)
- Resposta á rolda por defecto (e non ao/á remitente, algo bastante molesto)
- Suscrición automática con aprobación (para evitar bots de spammers)
- Administración colectiva (para que todos/as poidamos dedicir)

Nuns minutos todas as personas agora subscritas rolda de Mancomún recibiredes
un convite para vos inscreber nela libremente, con só clicar na ligazón web
que vos chegará ao correo. Desta forma poderemos continuar comunicados aínda
no caso de que se cumpran as peores espectativas.

Deixamos tamén habilitada unha réplica da rolda de Mancomún á que podedes
acceder a traverso da web da nova rolda comunitaria [1]. Manteremos esa 
réplica actualizada para evitar que o desmantelamento de Mancomún ocasione a 
perda da información contida nela.

Saúdos,

[1] https://roldas.g11n.net/mailman/listinfo/comunidade

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a