Échevos moi interesante. Que poidamos corrixir as traducións non só
cun corrector ortográfico, mirando que segundo a terminoloxía usamos a
tradución recomendada, etc, senón que ademais poidamos comprobar que
está escrito correctamente, gramaticalmente, sería un gran paso
adiante.
A verdade e que si, marce xa que lle estas votando un ollo escribir un pouco sobre como son as normas de cada lugar así podemos entrar algunha xente que non temos moito tempo para lernos a especificación enteira e inserir normas de forma sinxela.

Nun momento dado habería que facer algo de documentación sobre como
usar o pology e todo iso, mellor que documentación unha especie de
xornadas ou cursos. A min interésame moito isto pero non sei por onde
collelo. Non estaría mal que todo isto viñera integrado en varias das
ferramentas que usamos sen ter que facelo nós a man. Xa vedes que son
un seareiro da lei do mínimo esforzo, pero hai que considerar que isto
sería especialmente útil para os tradutores recén chegados que son os
que máis erros cometen.

Totalmente de acordo no das xornadas.

Empaquetar nun deb podo facelo eu sempre que se me explique como compilar as cousas. Podo mirar eu como facer a compilación pero é o que máis me leva. Empaquetar logo do que levo estudado sobre o mesmo (que non é pouco) é moi sinxelo (para min).

Asi que como vedes eu podo colaborar pero se me facedes un previo traballo de simplificación da lectura da documentación para axilizar.

De feito sería moi interesante dentro da asociación que para cada proxecto se destine unha persoa que estude un pouco como está a situación de cada proxecto e logo de xerar "un pouco" de info e documentación se unan o resto, evitando que non sexan arañados polos "matorrais de silvas".

Saúdos

Responderlle a