2009/10/18 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
>
>> Échevos moi interesante. Que poidamos corrixir as traducións non só
>> cun corrector ortográfico, mirando que segundo a terminoloxía usamos a
>> tradución recomendada, etc, senón que ademais poidamos comprobar que
>> está escrito correctamente, gramaticalmente, sería un gran paso
>> adiante.
>
> A verdade e que si, marce xa que lle estas votando un ollo escribir un pouco
> sobre como son as normas de cada lugar así podemos entrar algunha xente que
> non temos moito tempo para lernos a especificación enteira e inserir normas
> de forma sinxela.
>>
>> Nun momento dado habería que facer algo de documentación sobre como
>> usar o pology e todo iso, mellor que documentación unha especie de
>> xornadas ou cursos. A min interésame moito isto pero non sei por onde
>> collelo. Non estaría mal que todo isto viñera integrado en varias das
>> ferramentas que usamos sen ter que facelo nós a man. Xa vedes que son
>> un seareiro da lei do mínimo esforzo, pero hai que considerar que isto
>> sería especialmente útil para os tradutores recén chegados que son os
>> que máis erros cometen.
>
> Totalmente de acordo no das xornadas.
>
> Empaquetar nun deb podo facelo eu sempre que se me explique como compilar as
> cousas. Podo mirar eu como facer a compilación pero é o que máis me leva.
> Empaquetar logo do que levo estudado sobre o mesmo (que non é pouco) é moi
> sinxelo (para min).
>
> Asi que como vedes eu podo colaborar pero se me facedes un previo traballo
> de simplificación da lectura da documentación para axilizar.
>
> De feito sería moi interesante dentro da asociación que para cada proxecto
> se destine unha persoa que estude un pouco como está a situación de cada
> proxecto e logo de xerar "un pouco" de info e documentación se unan o resto,
> evitando que non sexan arañados polos "matorrais de silvas".

Eu xa me rabuñei un pouco co do TBX e menos mal que nalgúns momentos
Antón (e Marce tamén) nos aclarou outras cousas que senón eu e jchaves
teriamos desistido... ou eu polo menos.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a