Grazas polo aviso, eu xa recibín o convite para cambiar a lista de seguimento que escolliches, xa me subscribín.


Do meu punto de vista, sería máis lóxico solicitar dunha vez unha lista oficial no proxecto Gnome para o equipo galego; alí é onde calquera futuro interesado vai ir buscar, a Gnome, e ao someterse ás regras de Gnome estaría a salvo de interpretacións, nun sitio absolutamente neutral. Ao ser o coordinador creo que depende de ti e creo que o resto de colaboradores apoiarían esta opción e agora é o momento óptimo para facelo.

Tamen' che pediría que mandases un correo tanto á lista de mozilla@mancomun como á de openoff...@mancomun.org para que quede o aviso nesas listas de onde se leva a coordinación. Se se fai unha copia desas listas e se aloxa noutro sitio sempre quedará constancia e poderá seguirse o fío da galeguización dos proxectos.

Por todo isto paréceme positivo que se usen as listas oficiais en mozilla e openoffice e polo que deberías solicitar esa lista en Gnome.




Suso Baleato escribiu:
Boas,

Escrebo para avisarvos que acabo de actualizar os datos de GNOME e que a
xente que tendes conta no DL recibiredes convite agora para a rolda á que
irán chegando as notificacións de gnome-web e demais. Por suposto, se hai
alguén nesta rolda que sin estar no DL vaia querer traballar en GNOME que
me avise no correo e xa o dou de alta directamente.

Aos que quededes no CESGA, se ao final sae o de política lingüística pola
miña parte non porei obxecións; únicamente esixirei iso sí que liberedes os
TMX a igual que o resto das empresas (nada novo por outra parte).
Se tes información segura para comunicalo publicamente do que vai pasar asegúroche que eu estaría encantado de sabelo.
Saúdos, e lamento as malas novas de hoxe.
? por que as de onte son especialmente peores que as dos últimos meses ?
PS: javi voume desuscreber desta xa, que hai bastante confusión e non quero
que a xente se líe máis.
--
Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Avda. de Vigo, s/n 15706 Santiago de Compostela Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a