-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ola,

Envío isto como membro actual do grupo de tradución de Gnome e membro de
Trasno. Respondo por partes:

eu aínda non recibín o convite, pero é o de menos. Partindo da base que
sempre defendín que os proxectos deben estar no upstream (no seu lugar
orixinal) non lle vexo nin pes nin cabeza a migración dunha rolda a
outro lugar que non sexa o que comento.

Anteriormente xa non estaba de acordo que as roldas de proxectos
estiveran en Mancomún, precisamente porque se alguén da Fundación Gnome,
neste caso, quixera comunicarse con alguén do proxecto sabería onde sen
ter que recurrir a fontes externas.

En Netbeans obrigan a ter unha rolda dentro de
translatedfiles.netbeans.org para poder traducir. Reitero que non lle
vexo nin pes nin cabeza a creación de roldas fora do seu proxecto
orixinal. E me parece que non é a única vez que o digo.

Por outra banda o coordinador de un proxecto debe poñerse en contacto
cos que coordina para consensuar unha forma de traballo e non _impoñer_
o que crea convinte. Suso, se queres que os voluntarios colaboremos no
que ti coordinas "en comunidade" esa mesma comunidade debe ter polo
menos a opción de ter voz. Sobre todo porque se non é así desvirtúase e
menosprézase o traballo feito ata ese momento.

Pero ademais debería haber aínda que sexa unha pequena nota da
presidencia de Trasno, pequeno auto-tirón de orellas, aclarando cal é a
postura sobre xestión que se prefire en Trasno... especialmente nos
proxectos que foron bandeira... Ollo ! Suso esperou meses e ninguén lle
dixo nada de estar interesado en ser coordinador, eu nese momento non
estaba no proxecto, (hai que asumir as responsabilidades de comunidade
tamén)... outra cousa é o grupo de tradutores.

Saúdos

> 
> Suso Baleato escribiu:
>> Boas,
>>
>> Escrebo para avisarvos que acabo de actualizar os datos de GNOME e que a
>> xente que tendes conta no DL recibiredes convite agora para a rolda á que
>> irán chegando as notificacións de gnome-web e demais. Por suposto, se hai
>> alguén nesta rolda que sin estar no DL vaia querer traballar en GNOME que
>> me avise no correo e xa o dou de alta directamente.
>>
>> Aos que quededes no CESGA, se ao final sae o de política lingüística pola
>> miña parte non porei obxecións; únicamente esixirei iso sí que
>> liberedes os
>> TMX a igual que o resto das empresas (nada novo por outra parte).
>>   
> Se tes información segura para comunicalo publicamente do que vai pasar
> asegúroche que eu estaría encantado de sabelo.
>> Saúdos, e lamento as malas novas de hoxe.
>>   
> ? por que as de onte son especialmente peores que as dos últimos meses ?
>> PS: javi voume desuscreber desta xa, que hai bastante confusión e non
>> quero
>> que a xente se líe máis.   


- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrgfBcACgkQmLtmJqKk+biKrwCfQqh2tC3sW5ADFRSpbtPw3cU5
IOEAn2lBst3thtTPHEl02ijPNtx0xoRL
=Y4zJ
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a