Eu obteño o ficheiro en sourceforge e envíollo ao bugtracker de phpMyAdmin. 
Polo que vexo, Jacobo preparou os po de debian. Non sei por que desapareceu o 
meu nome.

Comeceino a traducir hai moitos anos: 
http://trasno.net/lurker/message/20010830.002238.8a6c8f4b.gl.html

... antes da reforma ortográfica!

Estouno revisando, a ver se acabo hoxe. Envíocho, instalalo e coméntasme as 
cousas que vexas que sigan mal.

Xosé


O Venres, 23 de Outubro de 2009 17:07:29 Adrián Chaves Fernández escribiu:
> > 2009/10/23 Xosé <xoseca...@gmail.com>
> >
> > > O Venres, 23 de Outubro de 2009 16:22:11 Adrián Chaves Fernández 
escribiu:
> > > > Bueno, ía preguntar quen traducira o PhpMyAdmin, pero xa averigüei
> > > > que
> > >
> > > foi
> > >
> > > > Jacobo. O caso é que no módulo de Análise estaḿos a utilizalo, e creo
> > > > que vou actualizar a tradución en canto teña tempo.
> > > >
> > > > De todos xeitos, non poño trabas a que se encargue outro :)
> > >
> > > Como? Fun eu! http://www.phpmyadmin.net/home_page/translations.php
> > >
> > > A última revisión fíxena en xaneiro.
> >
> > mataivos, pero poñedeos de acordo e deixadea, revisadiña, conforme as
> > últimas normas e termonoloixía falada, e invitovos a un cafe a cada un :)
> >
> > > Xosé
> 
> M*rd*, isto pásame por coller o primeiro resultado do Google ante
>  «PhpMyAdmin gl»:
> https://aphrodite.kinkhorst.nl/wsvn/debian/phpmyadmin/trunk/debian/po/gl.po
> 
> Bueno, alégrame saber que xa a tes ti :)
> 
> Pensei en traducila porque atopei algunha tradución que non me gustou
>  nadiña na versión que nos pasaron en clase ("nengún" é o que máis me
>  chamou a atención). Iso si, a de clase queo que é a versión 3.0.[...], e
>  vexo que vai na 3.2.[...].
> 
> [Descargargo o PhpMyAdmin para ver o ChangeLog, a ver se ten data]
> 
> O.O Xuraría que en clase temos a 3.0.2.0, e no changelog a marca como "not
> released" (entre dúas de finais do 2008).
> 
> Bueno, o malo é que en clase instalamos a versión coma parte do XAMPP e non
> creo que poidamos actualizala :S
> 
> Así que... como seguro que xa acabaches cos "nengún" creo que non teño nada
> novo que aportar. Un saúdo! :)
> 

Responderlle a